Saltar ao contido

Max Beckmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMax Beckmann

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de febreiro de 1884 Editar o valor en Wikidata
Leipzig, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte27 de decembro de 1950 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
EducaciónKing Albert School (en) Traducir
Weimar Saxon-Grand Ducal Art School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Niza
Zürich
Zandvoort
Londres
Boulder
St. Louis
A Haia
Florencia
París
Ámsterdam
Berlín
Frankfurt
Nova York Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, escritor, profesor universitario, gravador, escultor, debuxante arquitectónico, ilustrador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1903 Editar o valor en Wikidata - 1950 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorStädelschule (en) Traducir
Universidade Washington em St. Louis (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoRetrato, Natureza morta, nudez na arte, arte animal (pt) Traducir, figura, Pintura de historia, vista interior, Arte de paisaxes, pintura mitolóxica, autorretrato e arte cristiá Editar o valor en Wikidata
MovementoExpresionismo e Nova Objetividade (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Catálogo críticoCatalogue raisonné Max Beckmann (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosKarl Tratt (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RepresentanteArtists Rights Society Editar o valor en Wikidata
Participou en
28 de xuño de 1964Documenta III (en) Traducir
11 de xullo de 1959Documenta II (en) Traducir
16 de xullo de 1955documenta (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Cronoloxía
restitution of Nazi-looted art (en) Traducir
claim for restitution of an artwork (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteFrankfurter Personenlexikon (en) Traducir, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1002394 Musicbrainz: 6c7de9d2-e3a8-4505-b67b-39a08d5f78b4 Discogs: 1509661 WikiTree: Beckmann-277 Editar o valor en Wikidata

Max Beckmann, nado en Leipzig o 12 de febreiro de 1884 e finado o 28 de decembro de 1950, foi un pintor, gravador, escultor e gravador alemán, considerado un artista expresionista, aínda que rexeitou sempre tanto o termo como o movemento[1]. Na década de 1920 estivo relacionado co movemento da Nova Obxectividade (Neue Sachlichkeit), saído do expresionismo pero que se opuxo ó emocionalismo introvertido.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu dentro dunha familia de clase media. As súas traumáticas experiencias durante a primeira guerra mundial, na cal serviu como médico, coincidiron coa dramática transformación do seu estilo desde o academicismo máis correcto á distorsión tanto da figura como do espazo, reflectindo a súa alterada visión de si mesmo e da humanidade.[2]

Beckmann é coñecido polos seus autorretratos que pintou ó longo da súa vida, o seu número e intensidade rivalizaron só cos de Rembrandt e Pablo Picasso. Na República de Weimar dos anos vinte, Beckmann gozou de grande éxito e recoñecemento oficial. En 1927 recibiu premios e a Galería Nacional de Berlín mercou varias das súas obras.[3] En 1925 seleccionárono para dar clases maxistrais na escola de arte do Städel en Frankfurt. De entre os seus estudantes máis famosos destacan Theo Garve, Leo Maillet e Marie-Louise von Motesiczky.

Coa chegada de Adolf Hitler ó poder a situación cambiou, considerando unha pexa a arte moderna e mesmo chegando á súa supresión. En 1933 o goberno nazi denominou a Beckmann "bolxevique cultural"[4] e cesouno como profesor da escola de arte de Frankfurt. En 1937 o goberno confiscou máis de 500 das súas obras, moitas delas apareceron na exhibición de arte dexenerada que se montou en Múnic.[5] Durante dez anos, Beckmann viviu na pobreza nun autoimposto exilio en Ámsterdam, intentando, sen éxito, emigrar ós Estados Unidos. Os cadros do seu estudio en Ámsterdam foron mesmo máis poderosos e intensos que os dos seus anos en Alemaña, e incluíu varios trípticos, que constitúen o mellor exemplo da arte de Beckmann.

Despois da guerra, Beckmann marchou aos Estados Unidos, e durante os últimos tres anos da súa vida ensinou nas escolas de arte da Universidade Washington en San Luís e do Brooklyn Museum. Afectado por unha anxina de peito morreu dun ataque ó corazón en Manhattan.[6]

Temas e técnicas

[editar | editar a fonte]

Desde os seus comezos na fin de siècle os traballos de Beckmann reflicten os cambios que se estaban a producir tanto na arte como na historia, moitas das súas pinturas expresan a agonía de Europa na primeira metade do século XX. Algúns dos seus traballos refírense ó glamour decadente da cultura do cabaret da República de Weimar, pero a partir da década dos trinta, a súa obra con frecuencia contén referencias mitificadas ás brutalidades dos nazis. Detrás desas situacións inmediatas, os seus personaxes e símbolos asumen un significado máis profundo, dando voz a temas universais: o terror, a redención, as miserias da eternidade e o destino.

Ó contrario que moitos dos seus contemporáneos de avant-garde, Beckmann rexeitou a arte abstracta; pola contra, el asumiu a tradición da pintura figurativa. Admirador de Cezanne pero tamén de Van Gogh, Blake, Rembrandt, Rubens e os artistas do norte de Europa da final da idade media e o comezo do renacemento como Bosch, Brueghel e Matthias Grünewald. Axuntado retrato, paisaxe, vida, mitoloxía e o fantástico, el creou unha versión moi persoal do modernismo, combinándoa coa plasticidade tradicional. Beckmann reinventou o tríptico e reconverteu o arquetipo da pintura medieval nun espello onde mirar a humanidade contemporánea.

  1. "Max Beckmann". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2006. Consultado o 11 de decembro de 2008. 
  2. Schulz-Hoffmann and Weiss, Max Beckmann: Retrospective. Munich: Prestel. ISBN 0-393-01937-3, 1984, p.69.
  3. Rainbird, 2003, p. 272.
  4. Beckmann
  5. Rainbird, 2003, p. 274.
  6. Rainbird, 2003, p. 283.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • von Erffa, Hans Martin (ed.): Göpel, Barbara und Erhard (1976). Max Beckmann : Katalog der Gemälde. (2 vls) Bern.
  • Hofmaier, James (1990). Max Beckmann: Catalogue raisonné of his Prints. (2 vls) Bern.
  • von Wiese, Stephan (1978). Max Beckmann : Das zeichnerische Werk 1903 – 1925. Düsseldorf.
  • Reimertz, Stephan (2003). Max Beckmann: Biography. Múnic.
  • Belting, Hans (1989). Max Beckmann: Tradition as a Problem of Modern Art. Preface by Peter Selz. Nova York.
  • Lackner, Stephan (1969). Max Beckmann : Memoirs of a Friendship. Coral Gables.
  • Lackner, Stephan (1977). Max Beckmann. Nova York.
  • Michalski, Sergiusz (1994). New Objectivity. Cologne: Benedikt Taschen. ISBN 3-8228-9650-0
  • Rainbird, Sean, ed. (2003). Max Beckmann. Nova York: Museum of Modern Art. ISBN 0-87070-241-6
  • Schulz-Hoffmann, Carla; Weiss, Judith C. (1984). Max Beckmann: Retrospective. Múnic: Prestel. ISBN 0-393-01937-3
  • Selz, Peter (1964). Max Beckmann. Nova York.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]